TOCAMOS ALGO?

Tócaa outra vez, Sam.

martes, 23 de octubre de 2012

Neste curso 2012-2013 o Ceip de Bormoio-Agualada, vai traballar como Poxeto Anual Integrado A Idade Media.

Neste curso 2012-2013 o Ceip de Bormoio-Agualada, vai  traballar como Poxecto Anual Integrado
A Idade Media.
Desde o blog de Educación Musical, queremos ilustrar con información, apuntamentos, audicións e vídeos, como eran as manifestacións musicais máis importantes da Época Medieval.


1. ALGUNHAS BOAS AGRUPACIÓNS QUE INTERPRETAN MANTÉNDOSE FIEIS ÁS SONORIDADES DA ÉPOCA.
As agrupacións ACTUAIS que adoitan interpretar Música Medieval con instrumentos de época, xeralmente adoitan levar o apelativo ''Consort'' nos seus nomes ( Ex: Clemencic Consort, The Waverly Consort, etc).
Aínda que non é esencial, xa que hai outras que non o levan; é só para referencia, pois asi adoitaban chamarlles ás vellas agrupacións daqueles séculos (s.V - s. XV) aprox.

Clemencic Consort
Jordy Savall e Esperion
In Taberna
Calenda Maya
Ensemble Unicorn
Piffaro
Folgas Ensemble

2. OBRAS ESENCIAS DA ÉPOCA RECOMENDABLES.
1- As cantigas de santa Maria do rei Afonso X o sabio
2- Os Carmina burana nas súas versións orixinais
3- A festa do asno (A Fete de l'Ane) na versión do Clemencic consort, é moi boa
4- As obras de Oswald von Wolkenstein ( o mellor dos trobadores alemáns)
5- As obras do cancionero Upsala (esta todo o mellor da música medieval española)
6- Canto gregoriano (de carácter relixioso, a versión dos monxes de Sto.  Domingo de silos é moi boa)
7- Baladas monódicas de músicos anónimos de Florencia
8- Música de ministriles franceses do século XIII
9- Os romances sefardíes (o mellor da musica hebrea española)
10- As obras de Hildegard von Bingen compositora e relixiosa medieval alemá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario